O Proxecto Grazas A-Vós pon fin á súa 3ª tempada nas residencias de maiores da Xunta de Galicia en Lugo, As Gándaras e a Milagrosa.
Foron 8 meses compartidos de movemento, risas, exercicio e, sobre todo, de compañía e vida. Sesións que deixan pegada, non só no corpo, senón tamén no corazón.



Desde a Fundación Breogán queremos agradecer de maneira moi especial o compromiso e a entrega de Raquel Asensio e María Piñeiro, que fixeron posible cada encontro con tanta enerxía, agarimo e profesionalidade.



Agora toca descansar e gozar do verán ☀️
Con moita ilusión xa posta na volta para seguir construíndo, despois das vacacións, a 4ª tempada 💙🏀
Porque Grazas A-Vós somos o que somos.


