INICIO CURSO 25/26

Arrinca o 4º curso 25/26 do Proxecto da Fundación Breogán, en colaboración coa UNED Lugo e Ecoballution – Ningún Aro Sen Rede.

Un proxecto pioneiro baseado na economía circular e na reciclaxe, que combina aprendizaxe, creatividade e sustentabilidade.

📍 Ao longo deste curso 2025/26 volveremos a visitar 8 Centros Educativos de Lugo capital e provincia, compartindo co alumnado valores de coidado do medio, innovación e responsabilidade social.

📩 Contacta coa FUNDACIÓN BREOGÁN en inscripciones@fundacionbreogan.org como responsable do teu Centro Educativo.


📝 Indica:

  • Cantas redes necesitas (máximo 5 canastras).
  • O número de alumnos/as participantes.

Visitaremos o teu centro coas redes e co contedor de reciclaxe, e xa estaredes a participar!

RESULTADOS CURSO 25/26

♻️ Rematamos o 4º curso de Ningún Aro Sen Rede!

Durante o curso 2025/26, os centros educativos participantes volveron demostrar o seu compromiso coa sustentabilidade, participando na recollida de material de escritura en desuso dentro deste proxecto impulsado pola Fundación Breogán, en colaboración coa UNED Lugo e Ecoballution.

Grazas ao esforzo do alumnado, profesorado e comunidades educativas, acadouse unha recollida total de 53,2 kg de material para reciclar, contribuíndo a fomentar a economía circular e o coidado do medio ambiente.

Queremos agradecer a participación e implicación de todos os centros que formaron parte desta cuarta edición. Cada pequena acción conta e entre todos seguimos demostrando que é posible construír un futuro máis sostible.

📅 Á volta das vacacións realizaremos a entrega dos premios aos tres centros máis recicladores desta edición.

Grazas por seguir formando parte de Ningún Aro Sen Rede!

 

 

 

 

 

 

 

Un proxecto da Fundación Breogán, no que colaborab a UNED Lugo e Ecoballution.

Comezamos a quinta tempada deste proxecto baseado na economía circular e na reciclaxe, no que volveremos a visitar 50 Centros Educativos de Lugo capital e provincia ao longo do curso 2026/27.

Programa de recollida de instrumentos de escritura.

Ano 2022

Ano 2023

Ano 2024

Ano 2025