PROTECTORA DE ANIMAIS DE LUGO / ALBIA FUNERARIA FERNÁNDEZ

Da man da nosa empresa benefactora ALBIA FUNERARIA FERNÁNDEZ, achegámonos ao traballo da SOCIEDADE PROTECTORA DE ANIMAIS E PLANTAS DE LUGO adicándolles a semana do 11 ao 17 de maio de 2026.
A Fundación Breogán desenvolveu a 3ª Experiencia Breogán de 2026 xunto á Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo, unha entidade de referencia na protección e coidado dos animais abandonados na provincia.
Durante a semana, representantes da Fundación Breogán, acompañados polo xogador do Río Breogán Artūrs Kurucs, o fisio Mauro Nogueira e membros de Albia Funeraria Fernández, empresa benefactora da iniciativa, visitaron as instalacións da Protectora para coñecer de preto o labor diario que realiza a entidade da man do seu director, Alberto Losada.
A experiencia culminou no Pazo dos Deportes de Lugo, onde representantes das casas de acollida e da directiva da Sociedade Protectora asistiron ao partido do Río Breogán desde o palco VIP da Fundación Breogán. Durante un dos descansos do encontro, recibiron o recoñecemento da Fundación e o aplauso de toda a afección presente no Pazo, nun emotivo acto de agradecemento polo seu compromiso co benestar animal.










