PRODEME / IBERSYS

 

 

 

 

Da man da nosa empresa benefactora IBERSYS, achegámonos ao traballo da ASOCIACIÓN PRODEME, no mes de decembro de 2024

 

 

A Asociación PRODEME créase no ano 1980 por iniciativa de D. Camilo López Álvarez e da súa esposa Dna. Mª Anglada Pous.
Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro e cuxa misión principal é prestar apoios e servizos ás persoas con discapacidade intelectual para potenciar as súas capacidades e mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.

Fúndase no ano 1980 e dispón de residencia permanente desde o ano 1983. Durante todo este tempo foron moitas persoas as que foron utilizando os diferentes servizos. As características das persoas usuarias son moi diversas e dan apoios en función das súas necesidades. O seu traballo ao longo destes anos foi para que a persoa con discapacidade aumente a súa capacidade de autodirección e a exerza, participando, na medida do posible, na definición das súas necesidades así como a solución das mesmas. Nestes 34 anos, pásase dunha atención de 15 persoas nun taller ocupacional á actualidade, unha entidade na que traballan 30 persoas e que xestiona directamente a vivenda de 90 persoas con discapacidade intelectual entre Vivenda Rural Comunitaria, Apartamentos Tutelados e o Centro Residencial Abrente a través dun contrato de servizo público coa Consellería de Traballo e Benestar. Ademais 96 usuarios están en talleres tales como Carnicería, Albañilería, Escaiola, Limpeza e Lavandaría, Cociña e Comedor e na Explotación Agropecuaria, así como un Centro Especial de Emprego.

Esta diversidade de actividades fai que dispoñan de distintas posibilidades onde os seus usuarios poden desenrolar unha ocupación o máis acertada ás características de cada persoa. A creación de novos servizos e o crecemento que experimentou a entidade no desenvolvemento de actividades para a mellora da calidade de vida dos sus usuarios en obrigalles a seguir innovando e pensando en novos proxectos que dalgunha maneira satisfagan as necesidades das Persoas con Discapacidade Intelectual.

 

 

 

 

 

 

Acompañados por Darrun Hilliard (@dhill6x) xogador do @cbbreogan, e de @pablo10duarte, fisioterapeuta do equipo, visitamos as instalacións de Prodeme en Monforte de Lemos. A visita estivo guiada polos seus responsables, Julio Cortiñas e Javier Cortiñas, que nos achegaron ao gran labor que realizan cada día.


Con máis de 40 anos de traxectoria, Prodeme traballa incansablemente na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, ofrecendo apoio, oportunidades e unha comunidade na que poder medrar e desenvolverse plenamente. O seu compromiso e dedicación son un exemplo para todos nós.

Desde a Fundación Breogán queremos agradecer a acollida e felicitar a todas as persoas que forman parte desta asociación polo seu impresionante traballo. Sodes un auténtico orgullo!

 

 

 

Dende Monforte chegou unha representación de usuarios que gozaron do noso Tour polo Pazo dos Deportes de Lugo, onde tiveron acceso a zonas habitualmente restrinxidas ao público, sempre coa guía e o entusiasmo do noso Director, Luis Abel Taboada.


Como grandes amantes do deporte, levaron consigo un recordo imborrable desta experiencia única. Pola tarde, dende o palco VIP da Fundación, vibraron co emocionante encontro entre o @cbbreogan e o Girona, que culminou cunha importantísima vitoria para o noso equipo!

No descanso, Julio Cortiñas, director de Prodeme, recibiu de mans de José Ferro, representante de Ibersys, un merecido recoñecemento polo seu admirable labor, acompañado do aplauso e cariño de todo o Pazo.

 

 

 

Related Projects