FUNDACIÓN DIGNIDADE / TRANSPORTES VALÍN
Da man da nosa empresa benefactora TRANSPORTES VALÍN, achegámonos ao traballo da FUNDACIÓN DIGNIDADE, nos derradeiros días do 2024 e comezos do 2025.
Son unha ONL que traballa con persoas de fronte ao futuro, a través de programas e proxectos creativos e innovadores para propiciar o cambio a través do bo trato e a dignidade humana.
O seu obxectivo principal é a colaboración social en materia educativa da mocidade, principalmente nos colectivos máis susceptibles de ser vítimas exclusión social.
No ano 2016 créase a FUNDACIÓN EDUCATIVA E SOCIAL DIGNIDADE a cal desenvolve o seu labor no mesmo ámbito de familia e menores ademais de levar a cabo programas específicos como Prevención de Abuso en menores e a apertura do primeiro piso de emancipación para mozos maiores de 18 anos.
Con respecto ás persoas.
Ofrecer servizos especializados e innovadores na atención a persoas (menores/adolescentes e ás súas familias) que fomenten a súa autonomía para que poidan ter unha vida máis plena e sentan parte da sociedade e da comunidade.
Con respecto á sociedade.
Contribuír positivamente á sociedade, actuando cun compromiso de cidadanía global e incorporando, neste compromiso, ao mundo empresarial.
Crear redes sociais que permitan, mediante a cooperación e a xeración de ilusión, transmitir coñecemento e formación coa finalidade de crear unha sociedade mellor.
Con respecto á entidade.
Dispoñer dunha estrutura consolidada, independente económica e funcionalmente, que actúe con calidade na xestión dos seus recursos mediante a profesionalización na intervención e un equipo multi-disciplinar,ilusionado e motivado que aborde os diferentes retos dunha sociedade en continuo cambio mediante a mellora continua, a creatividade e a innovación.
27003 Lugo
Tivemos a oportunidade de visitar a @fundaciondignidade acompañados por Luis Casimiro e @dmavra30, adestrador e xogador do @cbbreogan, respectivamente.
Grazas ao apoio da nosa empresa benefactora Transportes Valín, puidemos coñecer de preto o incrible labor que realizan neste centro. Guiados por Fernando Pérez-Lozano, Presidente, e Victorino Escamilla Paz, Director Xeral, descubrimos como o seu traballo transforma vidas ofrecendo servizos especializados para menores, adolescentes e as súas familias.
A Fundación Dignidade dedica os seus esforzos a fomentar a autonomía das persoas, axudándoas a levar unha vida plena e a integrarse na nosa sociedade e comunidade.
Un grupo de rapaces e rapazas da @fundaciondignidade, acompañados por dúas educadoras, gozaron dunha experiencia única co Tour polo Pazo dos Deportes de Lugo, dentro da iniciativa Experiencia Breogán. Esta actividade foi posible grazas á colaboración da nosa Empresa Benefactora, Transportes Valín.
Guiados por Luis Abel Taboada, Director da Fundación Breogán, os participantes descubriron cada recuncho do Pazo, pero foi na sala de trofeos onde máis brillaron os seus ollos. Posaron cos trofeos como auténticos campións e campioas.
Para completar a experiencia, tiveron a oportunidade de asistir desde o palco VIP da Fundación Breogán ao emocionante encontro entre o @cbbreogan e o Manresa. Durante un dos descansos, no centro da pista e entre os aplausos do Pazo, Pablo Valín, en representación de Transportes Valín, fixo entrega dun merecido recoñecemento a Fernando Pérez Lozano, presidente da Fundación Dignidade.
Queremos destacar o incrible labor da Fundación Dignidade, unha organización que loita día a día por mellorar vidas e crear oportunidades. Grazas tamén a Transportes Valín por facer posible esta iniciativa e permitirnos dar a coñecer o seu traballo a toda a familia breoganista.