ACHÁDEGO TEATRO / GRUPO DITRAM

Da man da nosa empresa benefactora GRUPO DITRAM, achegámonos ao traballo do grupo de teatro ACHÁDEGO adicándolles a semana do 23 ao 29 de marzo de 2026.
A Fundación Breogán puxo en marcha a primeira Experiencia Breogán de 2026 coa participación de Achádego Teatro, da man da empresa benefactora Grupo Ditram. Ao longo da semana, desenvolvéronse diferentes actividades que permitiron achegar o baloncesto e a cultura nunha experiencia enriquecedora para todos os participantes.
O colectivo lucense puido gozar da EXPERIENCIA PAZO, coñecendo as instalacións do club e compartindo tempo cos xogadores, ademais de recibir a visita dunha representación do CB Breogán no seu local, onde se descubriron os entresixos da compañía, o seu vestiario e atrezzo, así como a súa ampla traxectoria no ámbito teatral.
Como peche, unha representación de Achádego Teatro asistiu a un partido no Pazo, onde presenciou a vitoria do CB Breogán fronte ao Baxi Manresa dende o palco VIP da Fundación. Durante o encontro, recibiron tamén un recoñecemento polo seu labor en prol da cultura lucense, nunha xornada moi especial que puxo en valor o compromiso social e cultural da Fundación Breogán.








