FUDACE / DITRAM

 

 

 

 

 

Da man da nosa empresa benefactora o GRUPO DITRAM, achegámonos ao traballo da FUNDACIÓN DANO CEREBRAL (FUDACE), na semana do 25 de novembro ao 1 de decembro de 2024.

 

 

O ámbito de actuación de FUDACE consiste na articulación de Medidas asistenciais, prelaborais; Laborables ou formativas para persoas con parálise cerebral e persoas con grandes diversidades funcionais físicas e psíquicas que acrediten o seu certificado correspondente e proxéctase a nivel provincial, autonómico e nacional segundo os servizos solicitados.

Dentro dos fins xenéricos e fundacionais enunciados anteriormente, a Fundación poderá efectuar as seguintes actividades:

  • Promover, dirixir e xestionar centros de día, centros ocupacionais, centros especiais de emprego, residencias e outros centros de acollida a persoas con parálise cerebral e outras persoas con diversidade funcional de calquera idade.
  • Promover centros especializados e outros centros educativos, asi como ocuparse mesmo da súa xestión administración e dirección.
  • Desenvolver programas de cooperación conceder axudas, concertar os servizos reflectidos nos apartados anteriores con institucións de caracter público ou privado tendentes a lograr unha mellor cobertura dos fins asistenciais da fundación.
  • Organizar toda clase de actividades tales como cursos conferencias e similares tendentes a fomentar a sensibilidade social a favor dos propios fins da fundación.-Lecer e actividades lúdicas en xeral.
  • De garda das persoas con diversidade funcional para facilitar a actividade cotiá ás familias ás que pertencen.-De tutela das persoas que pola súa diversidade funcional necesítaa, que sexa atribuída ben por disposición testamentaria como por decisión xudicial.

ORIXES

No exercicio 2002 púxose en funcionamento un centro de atención a persoas con parálise cerebral en Castro Ribeiras de Lea. O emprazamento deste centro radica nas antigas instalacións da antiga Escola Hogar, contando con dous edificios principais e dous edificios secundarios que albergaban unhas cuadras e un vello ximnasio

No ano 2005, unha vez consolidado o proxecto anterior, creouse un centro residencial, neste centro demais das actividades da vida diaria, de rehabilitación básica e ocupacionais do centro de día, estendeuse á actividade ás 24 horas do día os 365 días do ano, e ampliouse o colectivo ás persoas con dano cerebral.

Neste punto do proxecto e dadas as especiais características do colectivo de atención e da súa situación en Galicia, proxéctase un ambicioso programa para crear un complexo asistencial para estas persoas.

Estas condicións que motivaron a realización do proxecto son basicamente dous:

  • Inexistencia doutros recursos na comunidade autónoma, de feito o centro alberga na actualidade a pacientes de toda Galicia.
  • Elevada prevalencia desta patoloxía, xa que inclúe entre outros aos danos cerebrais causados por accidentes de tráfico.

 

 

 

 

 

Visitamos o centro da Fundación @fudace_ en Castro de Ribeiras de Lea, acompañados por unha representación do @cbbreogan formada polo xogador @tnakic.99, o técnico @quiquefraga13 e o preparador físico José Antonio Durán.

Fomos recibidos con moito agarimo polo seu presidente, Luis Abelleira, e o director, Alberto Tenorio, quen nos mostraron de preto o incrible labor que realizan.

FUDACE é un deses proxectos que ás veces pasa desapercibido, pero cuxa labor é imprescindible. O seu esforzo desinteresado marca unha diferenza enorme na vida de moitas persoas, e sentímonos honrados de poder dar visibilidade ao seu traballo grazas ao apoio da nosa empresa benefactora, @grupo_ditram @hyundaiesp.

 

 

 

Un grupo de usuarios de FUDACE viviu unha experiencia inesquecible. Acompañados por Luis Abel Taboada, Director da Fundación Breogán, realizaron o tradicional percorrido polas emblemáticas instalacións do Pazo dos Deportes de Lugo: a sala de prensa, sala de trofeos e outras dependencias que gardan a esencia do club.

Despois, dende o palco VIP da Fundación, desfrutaron do emocionante partido entre o @cbbreogan e o Covirán Granada.

Nun dos descansos, Rubén Gil, Xerente de Grupo Ditram, entregou un simbólico recoñecemento a FUDACE polo seu gran labor. O trofeo foi recibido por Roberto López, secretario da Fundación Dano Cerebral, nun momento cheo de gratitude e significado.

Un agradecemento especial ao enorme traballo de FUDACE e á nosa empresa benefactora Grupo Ditram, por permitírmonos coñecer este gran labor e axudarnos a darlle difusión.

 

 

Related Projects