ASORLU / GARCÍA RIELO

Da man da nosa empresa benefactora CLÍNICA GARCÍA RIELO, achegámonos ao traballo da ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DE LUGO (Asorlu) adicándolles a semana do 20 ao 26 de abril de 2026.
Dentro da semana da 2ª Experiencia Breogán 2026, tivemos a oportunidade de achegarnos ao centro de ASORLU para coñecer de primeira man o seu traballo e o día a día da entidade.
Fixémolo acompañados polos xogadores do Río Breogán, Jordan Sakho e Keandre Cook, que compartiron este encontro coas persoas usuarias e profesionais da asociación.
Foi unha xornada moi especial de aprendizaxe, convivencia e intercambio, na que puidemos seguir afondando na importancia da inclusión e da accesibilidade.
Grazas a ASORLU pola acollida e por todo o labor que desenvolven.
Rematamos esta semana tan especial coa visita ao Pazo dos Deportes, onde unha representación de persoas usuarias de ASORLU puido gozar, dende o palco VIP da Fundación Breogán, da gran vitoria do Río Breogán fronte ao ASISA Joventut.
Foi unha xornada chea de emoción na que todas e todos desfrutaron moito do ambiente e do espectáculo.
Ademais, nun dos descansos do partido, Mónica Lourés, Vicepresidenta de ASORLU recolleu un pequeno recoñecemento ao labor da asociación de mans de Manuel García Rielo.
Queremos dar as grazas á nosa empresa benefactora, Clínica García Rielo, por facernos posible coñecer e dar visibilidade ao importante traballo que desenvolve ASORLU.
E, por suposto, a ASORLU, parabéns por todos estes anos de compromiso, esforzo e defensa da inclusión.










