AULA HOSPITALARIA H.U.L.A. / GARCÍA RIELO

 

 

 

 

 

 

 

Da man da nosa empresa benefactora CLÍNICA GARCÍA RIELO, achegámonos ao traballo da AULA PEDIÁTRICA DO HULA, adicándolles a semana do 6 ao 12 de outubro de 2025.

 

 

 

Nesta ocasión, a Fundación Breogán tivo a honra de achegarse a un espazo moi especial: a Aula Pediátrica do HULA.
Un lugar onde cada día se sementan forza, ilusión e esperanza, e onde o traballo e a dedicación do persoal sanitario se converten nun aloumiño constante para os máis pequenos e para as súas familias.

Desde a Fundación sentimos unha fonda responsabilidade —e tamén unha enorme ledicia— por poder sumar a esa realidade, achegando apoio, emoción e novas experiencias que fan máis levadeira a estancia hospitalaria dos nenos e nenas.

Esta iniciativa foi posible grazas ao apoio da empresa benefactora, a Clínica García Rielo, que conxuga coidado, saúde e compromiso social. Un exemplo claro de como a colaboración entre entidades pode transformar vidas e abrir portas a novas experiencias cheas de valor humano.

💙 A semana dedicada ao HULA culminou cun momento moi especial: o persoal sanitario foi convidado ao Pazo dos Deportes, onde asistiu desde o palco VIP da Fundación Breogán ao encontro entre o CB Breogán e o Valencia Basket.

Nun dos descansos do partido, Manuel García Rielo fixo entrega, no centro da pista, dun merecido recoñecemento ao equipo humano do HULA, símbolo da súa entrega, profesionalidade e do cariño co que acompañan cada día aos máis pequenos.

💚 Un xesto sinxelo pero cheo de significado, que reafirmou a unión entre saúde, deporte e solidariedade, e o compromiso compartido de seguir sumando por unha sociedade máis humana e comprometida.

 

 

 

Related Projects