DESCUBRINDO O CORAZÓN DO C.B. BREOGÁN

Presentación

A Fundación Breogán e o “Proyecto de BANA” presentan o proxecto “Pazo Aberto”, unha iniciativa innovadora que conecta aos máis pequenos co corazón do baloncesto profesional e co espírito do CB Breogán, un símbolo arraigado na sociedade lucense. Este programa dirixido a escolares de primaria ofrece unha experiencia educativa e emocionante no Pazo dos Deportes de Lugo, mesturando deporte, historia e os valores que caracterizan ao Breogán.

Descrición do proxecto

“Pazo Aberto” é moito máis ca unha simple visita: é unha experiencia única que mergulla aos nenos e nenas na esencia do CB Breogán. Durante a actividade, os participantes:

  • Accederán a zonas exclusivas do Pazo como o vestiario do equipo, a sala de preparación técnica e a sala de prensa.
  • Descubrirán as historias, curiosidades e tradicións que constrúen o sentimento breoganista.
  • Participarán en dinámicas lúdicas e educativas que destacan o traballo en equipo, o respecto e a superación persoal.
  • Responderán a un cuestionario sobre o club e a súa historia. O escolar que obteña a maior puntuación recibirá unha camiseta exclusiva do proxecto, e todos levarán unha pegatina conmemorativa.

Obxectivos do proxecto

  • Fomentar o interese polo baloncesto e polo deporte como parte dun estilo de vida saudable.
  • Achegar aos máis pequenos aos valores do CB Breogán, promovendo o sentimento de pertenza.
  • Fortalecer a conexión emocional coa cidade de Lugo, os seus espazos emblemáticos e a súa tradición deportiva.
  • Inspirar unha nova xeración breoganista, cultivando o orgullo e a ilusión polo club.

Detalles prácticos

  • Dirixido a: Escolares de primaria dos colexios da provincia de Lugo.
  • Duración: 2 horas.
  • Máximo 25 alumnos/as por visita.
  • 5 visitas, de xaneiro a maio 2025.
  • Horario: Adaptado ás necesidades dos centros educativos.
  • Inscricións: Realízanse a través da web oficial da Fundación Breogán.


Valores destacados

“Pazo Aberto” destaca como unha oportunidade única para:
Soñar co deporte como ferramenta de crecemento persoal.
Descubrir o traballo en equipo e os esforzos compartidos que fan posible o éxito dun club profesional.
Fortalecer o sentimento breoganista, facendo que os nenos sintan que o Pazo dos Deportes tamén lles pertence, como parte da súa cidade e da súa historia.

Conclusión

“Pazo Aberto” é unha iniciativa deseñada para inspirar, conectar e formar. Co apoio do CB Breogán e do Proyecto de Bana, seguimos traballando nun futuro onde o deporte sexa símbolo de valores, aprendizaxe e orgullo lucense.


¡Esperámoste no Pazo para vivir esta experiencia inesquecible!

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN (Inscricións abertas)

 

Centros educativos participantes na 1ª edición

  • CEIP AS NOGAIS
  • CEIP DE BRETOÑA
  • CEIPP POETA AVELINO DÍAZ
  • CEIP A PONTE
  • CEIPP DE NADELA
  • COLEXIO DIOCESANO A MILAGROSA
VISITA CEIP AS NOGAIS - 23 XANEIRO  2025
VISITA CEIP DE BRETOÑA - 26 FEBREIRO  2025
VISITA CEIPP POETA AVELINO DÍAZ (MEIRA) - 8 ABRIL 2025
VISITA CEIP A PONTE - 30 ABRIL 2025
VISITA COLEXIO DIOCESANO A MILAGROSA - 8 MAIO 2025
VISITA CEIP PLURILINGÜE DE NADELA - 22 MAIO 2025
O corazón do Breogán lateu forte esta tempada con Pazo Aberto
Nos últimos meses, o Pazo dos Deportes converteuse nun lugar cheo de ilusión, onde máis de 150 nenos e nenas de toda a provincia puideron descubrir o corazón do C.B. Breogán.
Dende o vestiario ata a pista, pasando pola sala de prensa ou a sala de trofeos, cada visita foi unha aventura chea de curiosidade, aprendizaxe e breoganismo.
Compartimos momentos inesquecibles cos xogadores, aprendemos os valores do Breo e vivimos o baloncesto como ferramenta de educación, respecto e orgullo lucense.
Grazas aos coles que participastes, ao Proyecto de Bana polo apoio, e a todos os que facedes posible que o Pazo sexa tamén casa da nosa cativada.
Volvemos a abrir as portas o vindeiro curso... porque o Breogán tamén é voso!

INICIAMOS A 2ª EDICIÓN