ASOCIACIÓN CULTURAL FIADEIRA / PAZO DE VILANE

 

 

Da man da nosa empresa benefactora PAZO DE VILANE, achegámonos ó traballo da Asociación Cultural Fiadeira do Concello de Antas de Ulla ,na semana do 9 ó 15 de outubro de 2023.

 

 

 

Terceira EXPERIENCIA BREOGÁN deste 2023.

Unha pequena comitiva formada por @aventu14 e @_juanfz, xogadores do @cbbreogan@salva_arco e @agomezcuinha, en representación da Fundación Breogán e @nuriavarelaportas de Orduña, de @pazodevilane, visitamos as instalacións da @a.c.fiadeira en Antas de Ulla.

Alí nos agardaban os/as membros da asociación, encabezada polo seu presidente @javidovalinho, aos que sorprendemos en pleno ensaio.

Estas visitas que realizamos na Experiencia Breogán aos locales das Asociacións, serven para que se produza un intercambio moi enriquecedor para ambas partes. Deste xeito, nós coñecemos máis polo miúdo a Fiadeira e eles amosaron moito interese e plantexaron moitas cuestións relativas á Fundación Breogán e aos xogadores do C.B Breogán que nos acompañaron.

E como non podía ser doutro xeito, fixéronnos participar activamente na derradeira parte do ensaio e ata pretenderon que bailásemos a muiñeira con eles e elas.

Queremos agradecer a amabilidade e o agarimo co que fomos atendidos e o agasallo que nos entregaron, composto por varias camisetas da Asociación e un cd coa súa música.

A seguinte etapa da Experiencia Breogán adicada a esta Asociación grazas á colaboración de @pazodevilane, unha representación de membros e responsables, viviron unha completa xornada de puro breoganismo.

Comezou o Director da Fundación Breogán, @salva_arco acompañando a todos eles e elas no xa clásico 𝚝𝚘𝚞𝚛 polas instalacións do Pazo dos Deportes. Curiosidades, anécdotas e datos curiosos sobre o @cbbreogan foron seguidos atentamente por tod@s, ata que chegamos á sala de trofeos, tan cobizada e ilusionante para todo bó breoganista.

Asistiron ao encontro disputado entre o C.B Breogán e o Valencia Basket. Houbo moita loita, emoción e incerteza polo resultado, que finalmente favoreceu ao club taronja.

Na media parte recibiron o agarimo do Pazo cando sairon ao centro da pista e lles fixemos entrega, acompañados por @nuriavarelaportas de Orduña (Pazo de Vilane), dun pequeno recoñecemento ao seu labor en prol da conservación e divulgaciónda cultura inmaterial e da música e bailes de tradición galega.

En nome de tódolos lucenses, MOITAS GRAZAS Asociación Cultural Fiadeira, seguiremos o voso traballo moi de preto.

 

 

 

Related Projects