COGAMI / IBERSYS

 

A semana do 7 ó 13 de febreiro de 2022, foi a semana de COGAMI. A nosa empresa benefactora IBERSYS permitíunos coñecer e poñer en valor o traballo desta entidade que loita día a día polo benestar e os dereitos das persoas con discapacidade en Galicia.

 

 

 

A semana do 7 ó 13 de febreiro de 2022, foi a semana de COGAMI. A nosa empresa benefactora IBERSYS permitíunos coñecer e poñer en valor o traballo desta entidade que loita día a día polo benestar e os dereitos das persoas con discapacidade en Galicia.

Estiveron presentes nun adestramento do C.B. Breogán e compartiron con todos nos unha agradable mañán.

Acompañados polo Director da Fundación, Salva Arco e polo guía turístico (e breoganista) Guido Álvarez Parga, realizaron un tour polo Pazo dos Deportes e disfrutaron da Experiencia Pazo.

Dous días despois tocóunos a nos ser os convidados. Unha pequena delegación do C.B. Breogán e do noso benefactor Ibersys, visitamos as instalacións de Cogami en Lugo.

Alí coñecimos de primeira man o esforzo diario que realizan en prol de acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade. E fomos agasallados cunhas fantásticas réplicas da Torre da Mosqueira, da nos querida Muralla de Lugo.

Moitas grazas.

Para rematar esta ilusionante semana, acompañáronnos no Pazo unha representación de usuarios e responsables de Cogami Galicia. A pé de pista, no palco VIP da Fundación, desfrutaron da importante victoria do C.B.Breogán ante o Valencia Basket. Inauguraron tamén o stand do EsPazo da Fundación, que poñemos a disposición das entidades que participen neste proxecto e no cal repartiron información e deron a coñecer a súa importante labor.

Moitas grazas á nosa empresa benefactora IBERSYS e a COGAMI GALICIA por formar parte da nosa primeira EXPERIENCIA BREOGÁN.


 

 

Related Projects