RAIOLAS / TRANSPORTES VALÍN
A semana do 28 de marzo ó 3 de abril, foi a semana da Asociación RAIOLAS Lugo. A empresa benefactora da Fundación, TRANSPORTES VALÍN E HIJOS achegounos o traballo desta asociación formada por familiares e persoas con Trastornos do Espectro de Autismo e Trastornos da Comunicación Social.
Unha representación de usuarios RAIOLAS LUGO coñeceron polo miúdo as instalacións do Pazo da man de @guidoalvarezp e @salva_arco.
O “tour” levóunos por tódolas dependencias do Pazo, incluído o espazo dos trofeos, sen dúbida un dos máis importantes para calquera breoganista.
Presenciaron o adestramento e foron agasallados cun pequeno detalle da Fundación Breogán e o @cbbreogan.
Unha pequena expedición do @cbbreogan @erik_quintela @tyler_kalinoski24 e da Fundación Breogán @salva_arco visitaron as modernas e funcionáis instalacións da Asociación RAIOLAS LUGO.
Alí coñeceron a varios usuarios da Asociación, así como a tódolos seus traballadores.
No Día Mundial de Concienciación do Autismo, estamos especialmente orgullosos de colaborar, grazas á nosa empresa benefactora TRANSPORTES VALÍN E HIJOS, neste proxecto que nos fai a todos tan felices.
E rematamos a semana ca visita de usuarios e responsables da ASOCIACIÓN RAIOLAS Lugo ó Pazo dos Deportes para rematar por todo o alto esta semana tan especial.
A pé de pista, no palco VIP da Fundación, desfrutaron dun partido do máis alto nivel ofensivo, que rematou ca importante vitoria do @cbbreogan ante o Burgos.
Estiveron presentes tamén no stand do EsPazo Fundación, no cal repartiron información e deron a coñecer o seu importante labor.
Moitas grazas á nosa empresa benefactora Transportes Valín e Hijos e a Raiolas Lugo por formar parte da nosa segunda EXPERIENCIA BREOGÁN.