SOMOS UPEC / TRANSPORTES VALÍN

 

 

Da man da nosa empresa benefactora TRANSPORTES VALÍN E HIJOS, achegámonos ó traballo de Somos UPEC, na semana do 11 ó 17 de decembro de 2023.

 

 

Esta Asociación lucense creada no 2014, traballa para recadar fondos para a investigación do cancro e ofrecer aos seus socios atención especializada gratuita para que o aspecto económico non sexa unha preocupación.

No derradeiro “Tour do Pazo” do proxecto Experiencia Breogán deste 2023 recibimos a unha representación de @somosupec composta por varios membros da directiva e algún usuario.

O percorrido, guiado polo Director da Fundación Breogán, @salva_arco, percorreu as zonas máis senlleiras do templo breoganista: corredor da fama, vestiario, sala de vídeo, sala VIP, ximnasio… para rematar presenciando unha parte do adestramento do @cbbreogan, no que tiveron a oportunidade de compartir uns minutos de charla cos xogadores.

Foi entón cando o presidente da entidade SOMOS – Unidos por el cáncer, José Manuel Vázquez, explicou a toda a plantilla o labor que realiza a asociación por toda a provincia de Lugo e o enorme valor que ten para a sociedade lucense.

A visita rematou coma sempre, coa foto de familia entre os xogadores e corpo técnico do C.B.Breogán e os integrantes do Tour.

Na segunda fase desta Experiencia Breogán, visitamos a planta de oncoloxía do Hospital Universitarios Lucus Augusti. O Director da Fundación Breogán, @salva_arco, acompañado por Marian, de @somosupec, polos xogadores do @cbbreogan@42ergiquintela e @jusanderson1 e o fisioterapeuta do C.B. Breogán, @pablo10duarte, fomos recibidos pola oncóloga Begoña Campos e demáis responsables do área de oncohematoloxía do Hospital lucense.

Alí coñecimos as instalacións, tanto a parte de hospitalización como o hospital de día e de pediatría e compartimos dúas horas de recorrido visitando aos pacientes que nos recibiron con moita ilusión e agarimo e non deixaron pasar a oportunidade de facerse multitude de fotos cos xogadores.

Moitas grazas a todo o persoal sanitario e aos usuarios pola acollida e á nosa empresa benefactora Transportes Valín por permitirnos realizar esta Experiencia Breogán tan fermosa e por poder dar a coñecer o traballo de SOMOS UPEC.

www.somosupec.com

.

 

 

O pasado sábado, no Pazo dos Deportes, nun dos descansos do derbi, Narciso Fernández, Presidente da Fundación Breogán fixo entrega do cheque correspondente á doazón benéfica anual, que os Socios Benefactores da Fundación Breogán quixeron que fose para SOMOS Unidos Por El Cáncer.
Marian Pérez, secretaria da entidade e Begoña Campos, xefa de sección do Servizo de Oncoloxía do HULA e Presidenta do Comité Técnico de SOMOS, foron as encargadas de recoller este recoñecemento ao seu labor.
Parabéns por este premio e grazas de corazón por todo o traballo que realizades a diario para mellorar a vida de pacientes de cancro e os seus familiares. Grazas!

Related Projects