TALLER DAULLOA / PAZO DE VILANE
Da man da nosa empresa benefactora PAZO DE VILANE, achegámonos ao traballo da ESCOLA TALLER DAULLOA, na semana do 15 ao 21 de abril de 2024.
O Taller Prelaboral para persoas con discapacidade ten sede en Monterroso (Lugo). Pertencen á Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo (COGAMI LUGO).
Levan en activo desde fai máis dunha década co apoio e financiamento da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Todos os seus productos son feitos a man de forma totalmente artesanal. A base do seu traballo é o cartón, o papel reciclado e o papel de augas.
Están abertos a calquer tipo de proposta e adáptanse a calquera tipo de traballo (elección de papel, cor, dimensións, deseños persoalizados…)
www.tallerdaulloa.wordpress.com
Iniciamos as actividades incluidas na Experiencia Breogán adicada ao TALLER DAULLOA grazas á nosa empresa benefactora PAZO DE VILANE, visitando o “Espazo Cultural Lorenzo Varela”, en Monterroso.
Javier Rey, monitor do Taller, recibiu e guiou á comitiva formada polos xogadores do C.B. Breogán, Sergi Quintela e Matas Jogėla; o Director da Fundación Salva Arco e Adrián Gómez; e en representación de Pazo de Vilane a súa Directora e Xerente Nuria Varela-Portas de Orduña.
Alí coñecimos máis de preto o excelente traballo que realizan os usuarios do taller prelaboral e o importante que é a existencia deste espazo para todos eles e elas. Tódolos seus productos son feitos a man, de forma totalmente artesanal e con moito agarimo e van desde material de escritorio, cadernos, xogos a diferentes artigos para o fogar.
Precisamente cun destes artigos que elaboran no taller, en concreto os cadernos, fomos obsequiados todos os visitantes. Moitas grazas!
A segunda e terceira fase da Experiencia Breogán, que esta semana adicamos ao TALLER DAULLOA, tiveron lugar o pasado sábado no Pazo dos Deportes.
Unha tarde intensa e emocionante que comezou a primeira hora da tarde, cando o Director da Fundación Breogán, @salva_arco, recibiu a unha representación de usuarios do Taller Daulloa para realizar o xa famoso “Tour do Pazo”.
Acompañados por Javier Rey Feijoo, monitor; Mirta Flores Cuesta, terapeuta ocupacional; Nagari López López, traballadora social e Silvia González Sánchez, voluntaria, a expedición fixo un percorrido por tódalas dependencias do Pazo dos Deportes de Lugo.
Ximnasio, Sala de Prensa… etc, pero unha das cousas que máis chamou a atención dos nosos convidados atopábase no vestiario: a todos eles e elas chamóulles poderosamente a atención o tamaño das zapatillas dos xogadores do @cbbreogan.
Como remate da visita estivemos na zona dos trofeos, na que o xefe de prensa do Breo, @marcosbreo lles contou unha breve historia de todos eles.
Para pechar por todo o alto esta Experiencia Breogán da man do @pazodevilane, a representación do Taller Daulloa presenciou e gozou do encontro fronte ao Gran Canaria desde o palco VIP da Fundación Breogán.
Tamén foron moitos os espectadores que se achegaron ata o posto habilitado no EsPazo Fundación, que tiveron a oportunidade de comprobar en directo a calidade e orixinalidade dos productos confeccionados pola asociación.
Convidámosvos a seguir o seu traballo en: tallerdaulloa.wordpress.com
No descanso entre o 1º e 2º cuarto Juan Pedro Sánchez en representación de Pazo de Vilane e Alfonso Orol, Patrono da Fundación Breogán fixeron entrega no medio da pista dun balón e unha camiseta, os dous asinados polos xogadores e corpo técnico do C.B. Breogán e un recoñecemento á asociación que recibiu Javier Rey, Monitor do Taller Daulloa.
Agardamos que gozárades da experiencia tanto coma nós. Foi un auténtico pracer coñecer a vosa asociación e un privilexio compartir esta semana con xente tan comprometida e agarimosa.