ASPALU / GARCÍA RIELO

 

 

 

 

 

Da man da nosa empresa benefactora CLÍNICA DENTAL GARCÍA RIELO, achegámonos ao traballo da ASOCIACIÓN PÁRKINSON LUGO, na semana do 29 de abril ao 5 de maio de 2024.

 

 

ASPALU é unha asociación sen animo de lucro. Desenvolven servizos e accións co fin de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de Párkinson, familiares e coidadores na cidade de Lugo.

Os principais obxectivos da Asociación son

  • Facilitar a conexión entre as persoa afectadas pola enfermidade de Párkinson.
  • Ofrecer terapias específicas, co fin de mellorar a calidade de vida do afectado e familiares.
  • Concienciar á opinión pública das necesidades e problemáticas da enfermidade.
  • Promover a investigación e a integración social da EP.

  • Axudar a afectados, familiares e a todos os membros da asociación.

  • Innovación e progreso. Mellorando as actividades e servizos que poden incrementar a calidade de vida dos afectados.

     

    Iniciamos esta nova Experiencia Breogán realizando  o “Tour do Pazo”, unha das tres partes da que se compón o proxecto, cos amigos e amigas da Asociación Párkinson Lugo (ASPALU), que estamos a coñecer grazas á nosa Empresa Benefactora a Clínica García Rielo.

    Acompañados por Salva Arco e por Luis Abel Taboada os nosos convidados percorreron todas as dependencias do Pazo dos Deportes: sala de prensa, ximnasio, palco VIP…etc. Unha das cousas que máis lles chamou a atención a tod@s foi o descubrimento dunha pesa de 50 Kg. A pregunta estaba clara, cal dos xogadores do C.B. Breogán é quén de levantala do chan? Quedaron coa dúbida e terán que comprobar por eles e elas mesmas o tamaño dos bíceps dos xogadores breoganistas para descubrir ao “propietario” da pesa.

    Sen dúbida terán unha oportunidade privilexiada para este fin o domingo día 5, xa que poderán velos moi de preto, desde o palco VIP da Fundación no encontro do Breo fronte ao CB Canarias.

 

 

 

 

Na segunda parte desta nova Experiencia Breogán unha comitiva formada por Salva Arco, Director da Fundación Breogán; os xogadores do C.B. BreogánAnthony Polite e Juan Fernández; e Manuel García Rielo, Director da Clínica García Rielo, visitamos o centro de ASPALU en Lugo.

Alí recibíunos a súa Directora, Dona Rosa Fariñas, quen nos explicou en detalle o enorme traballo que desenvolve a Asociación e presenciamos, na zona do ximnasio, unha das sesións que os usuarios realizan de exercicio terapéutico, no que todos participamos activamente.

Rematamos a visita agasallando ao Centro cun balón e unha camiseta do C.B. Breogán asinada por tódolos xogadores.

 

 

Pechamos con broche de ouro a última EXPERIENCIA BREOGÁN da tempada!

O domingo pasado no Pazo, concluímos outro capítulo emocionante do proxecto da Fundación Breogán. Esta vez, tivemos a honra de destacar o incrible traballo da Asociación de Párkinson de Lugo (ASPALU), grazas ao apoio da nosa Empresa Benefactora, a CLÍNICA GARCÍA RIELO.

Durante unha semana de actividades, os membros de ASPALU tiveron a oportunidade de mergullarse en experiencias inesquecibles, a última delas presenciar desde o noso palco VIP a emocionante vitoria do C.B. Breogán contra o Lenovo Tenerife.

Queremos expresar a nosa profunda admiración e recoñecemento a ASPALU polo seu labor extraordinario. Por iso, durante un dos descansos do partido, Manuel García Rielo, Director da Clínica García Rielo, e Salva Arco, Director da Fundación Breogán, tiveron a honra de entregar un merecido recoñecemento a Dona Rosa Fariñas, presidenta da asociación.

Parabéns polo voso compromiso inquebrantable e dedicación para mellorar a vida das persoas con Párkinson e as súas familias! MOITAS GRAZAS ASPALU!

 

Related Projects