PROXECTOS 2024

NINGÚN ARO SEN REDE (En curso)

Ningún aro sen rede é un proxecto da Fundación Breogán en colaboración coa UNED Lugo e ECOBALLUTION. Iniciouse co curso escolar 22/23 e nace cun claro obxectivo, acadar as sinerxias necesarias para proveer a aqueles centros escolares que o demanden de redes de baloncesto artesanais, recicladas e sostibles.

PROXECTO CRIS SEIJO (En curso)

Co apoio do CEIP Anexa de Lugo e a Xunta de Galicia, lanzamos esta iniciativa da Fundación Breogán para impulsar o baloncesto feminino e o empoderamento de mulleres en Lugo.

Esta iniciativa brinda soporte a un equipo de mulleres maiores de 35 anos, ofrecéndolles un espazo de compañeirismo para adestrar cada martes ás 20:00 h. no CEIP Anexa Lugo.

Ademais, coa colaboración de Cruz Vermella e Diaconía Lugo, buscamos que o deporte sexa unha ferramenta de integración e benestar para mulleres en situacións de vulnerabilidade.

PROXECTO A-VÓS (En curso)

A-VÓS é un proxecto dirixido a persoas de máis de 65 anos no que realizaremos talleres de envellecemento activo, destinados a mellorar e coidar a súa saúde física e mental.

Nun mundo en constante cambio sentímonos na obriga de proporcionar apoio aos nosos maiores, porque "Grazas A-VÓS, somos o que somos".

PROXECTO PERSOAS (En curso)

Proxecto social e inclusivo que responde á necesidade de ofrecer actividades relacionadas ca práctica deportiva, no noso caso o baloncesto, a persoas menores de idade con discapacidade que actualmente non dispoñen de ningún tipo de oferta neste sentido.

O proxecto é posible grazas ao convenio da Fundación Breogán coa Área de Deportes da Excma. Deputación de Lugo.

PROXECTO ÍCARO (En curso)

Organizado pola Fundación Breogán e co apoio da Vicedeputación de Lugo iniciamos este novo proxecto. 

A través do PROXECTO ÍCARO poñemos en marcha un programa de boas prácticas deportivas para mozas e mozos en situación de vulnerabilidade social. O seu obxectivo, entendendo o deporte como unha ferramenta idónea, é reducir a brecha social das rapazas e rapaces que non teñen a súa participación na sociedade garantida en condicións de igualdade, xa sexa por aspectos socioeconómicos, socioculturais, socioxeográficos ou persoais.

EXPERIENCIA BREOGÁN (Rematadas)

Un dos proxectos sociais máis especiais da Fundación Breogán. Cinco organizacións, fundacións, etc. serán as afortunadas en vivir, durante este 2024, a triple actividade que conforma este proxecto.

Adicaremos unha semana para cada unha delas. Invitarase ós seus membros a vivir a EXPERIENCIA PAZO (tour polas instalacións e convivencia cos xogadores), logo será unha representación do CB Breogán e da Fundación Breogán quen visite o seu centro de traballo e por último, estarán convidados ó día de partido, aproveitando o stand do EsPazo Fundación para dar visibilidade ó seu colectivo.

photo_2022-02-14_17-19-39

LUZ Ó DEPORTE (Rematado)

Terceira edición deste proxecto no que volveremos a traer a Lugo a deportistas e exdeportistas de primeiro nivel que contarán as súas experiencias vitais.

Todo aquelo que por norma xeral non é coñecido pola gran maioría da sociedade e que resultará de gran interese polo que lles pode aportar á educación dos nosos rapaces e rapazas máis novos.

FASE PREVIA MINICOPA ENDESA (Rematada)

Por cuarto ano consecutivo, unha selección de xogadores dos principais clubs da provincia de Lugo, representarán ao C.B. BREOGÁN e á FUNDACIÓN BREOGÁN nesta prestixiosa competición de nivel estatal.

I TORNEO 3X3 +XTI (Rematado)

A Fundación Breogán realizou este Torneo de baloncesto 3X3 organizado polo Concello de Lugo a través da Concellería de Deportes e Xuventude e incluído no programa +Xti baixo o amparo do  Plan Nacional Sobre Drogas.

Tivo lugar o 13 de xullo na fermosa Praza do Ferrol.

III TORNEO 3X3 NA RÚA (Rematado)

Nova edición deste torneo de 3X3 adicado ás categorías base, no que conseguimos reunir cada ano a máis dun cento de rapaces e rapazas amantes do baloncesto.

Tivo lugar o 22 de xuño de 2024 grazas á colaboración da Xunta de Galicia.

BASKET NA RÚA (Rematado)

Organizado pola Fundación Breogán e financiado polo Concello de Lugo a través do Programa +XTI (Área de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo), iniciamos unha nova edición de BASKET NA RÚA.

É un proxecto deportivo e social que pretende poñer en valor alternativas de ocio saudables para xóvenes e as súas familias nos barrios de Lugo. Ofrecese unha actividade de ocio alternativa que fomenta a práctica deportiva e máis concretamente o baloncesto, un deporte cuns claros valores inclusivos, de superación, igualdade, compañeirismo e traballo en equipo.

Catro sábados en cada barrio, onde os participantes desfrutan de baloncesto, música, xogos, competicións e moitos agasallos e sorpresas máis. E todo elo, ó aire libre e de maneira totalmente gratuita.

III LIGA SENIOR 3X3 (Rematada)

Nova edición da Liga Senior (maiores de 30 anos) da competición de moda do baloncesto, o 3X3.

Unha liga que se disputou durante os meses de maio e xuño, e que volveu a reunir aos incondicionais do 3X3, e na que este ano vivimos máis emocións, máis competicións e máis BALONCESTO.

III XORNADAS DE TECNIFICACIÓN (Rematadas)

Xornadas de tecnificación de baloncesto que tiveron lugar na Semana Santa do 2024, polos mellores profesionais do C.B. Breogán e da Fundación Breogán, para rapaces/as de entre 8 e 16 anos.

 

MÁIS QUE BASKET NO RURAL

Nova edición do proxecto que pretende achegar todolos beneficios dun deporte como o baloncesto ó rural da provincia de Lugo.

Tan só queda unha praza dispoñíbel para este ano.

Os responsables municipais que desexen que o seu Concello participe nesta actividade revitalizadora do rural e dos hábitos de vida saudables, ainda están a tempo de facelo en:

info@fundacionbreogan.org

Coma sempre, iremos da man das nosas empresas benefactoras Pazo de Vilane e Río de Galicia.

DOAZÓN BENÉFICA 

Logo das votacións das nosas socias e socios benefactores, este ano a entidade destinataria da doazón benéfica anual da Fundación Breogán é a Fundación Dignidade, cun 25% dos votos totais.

Recolleron o premio, de mans do Presidente da Fundación Breogán, Narciso Fernández e do Director, Luis Abel Taboada, en representación da Fundación Dignidade, Fernando Pérez, Presidente e Vitorino Escamilla, Director Xeral.

Parabéns por este premio e grazas de corazón por todo o traballo que realizades a diario para promover a integración social das persoas. Grazas!

"O seguinte paso no Sentimento Breoganista"