PROXECTOS 2025
MEMORIA CELESTE (En curso)
A historia do Breogán está feita de momentos inesquecibles e de persoas que deixaron unha pegada imborrable.
Xogadores, adestradores e unha afección única que, xuntos, construíron a identidade celeste.
Hoxe, dende a Fundación Breogán, presentamos un novo proxecto que nace para lembrar e compartir esas vivencias.
Un espazo onde o pasado cobra nova vida, onde as nosas lendas seguen a inspirar o presente e a conectar co futuro.

SEN FILTROS (En curso)
Novo ciclo de charlas da Fundación Breogán e o Proxecto de Bana para falar sen tabús sobre bullying, ciberacoso, saúde mental e suicidio.
A arte e o deporte como ferramentas para expresarse e coidarse.

LUZ AO DEPORTE (En curso)
Un proxecto da Fundación Breogán que dende 2022 pon o deporte ao servizo da educación, achegando aos máis novos experiencias reais de deportistas que inspiran dentro e fóra das pistas.
De setembro a decembro de 2025 celebraremos a 4ª edición, con catro novas charlas nas que a mocidade lucense poderá descubrir valores como o esforzo, a superación, o traballo en equipo, a motivación e a resiliencia.
Luz ao Deporte é compromiso, aprendizaxe e futuro.
Unha iniciativa da Fundación Breogán en colaboración coa Xunta de Galicia e ABANCA.

PAZO ABERTO (En curso)
Pazo Aberto: Descubrindo o corazón do C.B. Breogán.
A Fundación Breogán e o Proyecto de BANA lanzan esta iniciativa única que convida aos escolares de primaria a vivir o espírito breoganista no Pazo dos Deportes de Lugo.

PROXECTO AROS (En curso)
A Fundación Breogán, en colaboración con COGAMI, DOWN LUGO, RAIOLAS e DANO CEREBRAL LUGO, presenta para o ano 2025 o proxecto AROS, unha iniciativa social e inclusiva dirixida a persoas adultas con capacidades diferentes.
AROS nace coa vontade de ofrecer unha alternativa específica para a práctica do baloncesto como ferramenta de integración, benestar e desenvolvemento persoal. Este novo proxecto supón a evolución natural de Persoas, programa centrado ata agora en menores, ampliando así o seu alcance para dar resposta ás necesidades do colectivo adulto.

PROXECTO CRIS SEIJO (En curso)
Lanzamos esta iniciativa da Fundación Breogán para impulsar o baloncesto feminino e o empoderamento de mulleres en Lugo.
Esta iniciativa brinda soporte a un equipo de mulleres maiores de 35 anos, ofrecéndolles un espazo de compañeirismo para adestrar cada martes ás 20:00 h. no CEIP Anexa Lugo.
Ademais, coa colaboración de Cruz Vermella e Diaconía Lugo, buscamos que o deporte sexa unha ferramenta de integración e benestar para mulleres solicitantes de asilo.

NINGÚN ARO SEN REDE (En curso)
Ningún aro sen rede é un proxecto da Fundación Breogán en colaboración coa UNED Lugo e ECOBALLUTION. Iniciouse co curso escolar 22/23 e nace cun claro obxectivo, acadar as sinerxias necesarias para proveer a aqueles centros escolares que o demanden de redes de baloncesto artesanais, recicladas e sostibles.

PROXECTO GRAZAS A-VÓS (En curso)
A-VÓS é un proxecto dirixido a persoas de máis de 65 anos no que realizaremos talleres de envellecemento activo, destinados a mellorar e coidar a súa saúde física e mental.
Nun mundo en constante cambio sentímonos na obriga de proporcionar apoio aos nosos maiores, porque "Grazas A-VÓS, somos o que somos".

PROXECTO ÍCARO (En curso)
Organizado pola Fundación Breogán e co apoio da Vicedeputación de Lugo iniciamos este novo proxecto.
A través do PROXECTO ÍCARO poñemos en marcha un programa de boas prácticas deportivas para mozas e mozos en situación de vulnerabilidade social. O seu obxectivo, entendendo o deporte como unha ferramenta idónea, é reducir a brecha social das rapazas e rapaces que non teñen a súa participación na sociedade garantida en condicións de igualdade, xa sexa por aspectos socioeconómicos, socioculturais, socioxeográficos ou persoais.

PROXECTO PERSOAS (En curso)
Proxecto social e inclusivo que responde á necesidade de ofrecer actividades relacionadas ca práctica deportiva, no noso caso o baloncesto, a persoas menores de idade con discapacidade que actualmente non dispoñen de ningún tipo de oferta neste sentido.
O proxecto é posible grazas ao convenio da Fundación Breogán coa Área de Deportes da Excma. Deputación de Lugo.

EXPERIENCIA BREOGÁN (En curso)
Este 2025 celebramos a cuarta edición dun dos proxectos sociais máis especiais da Fundación Breogán. Un total de cinco organizacións, fundacións e colectivos serán os protagonistas desta iniciativa que se desenvolve ao longo do ano en tres momentos destacados.
Cada unha das entidades contará cunha semana dedicada especialmente a elas. Durante ese tempo, os seus membros poderán gozar da EXPERIENCIA PAZO, que inclúe unha visita guiada polas instalacións e un encontro cos xogadores. Posteriormente, unha representación do CB Breogán e da Fundación Breogán desprazarase ao centro de traballo da entidade participante. Para rematar, os colectivos serán convidados a un partido no Pazo, onde disporán do stand do EsPazo Fundación para dar visibilidade o seu labor.

SUMANDO SINERXIAS (En curso)
A Fundación Breogán é un punto de encontro para quen comparte a nosa paixón polo baloncesto e os seus valores. A través das colaboracións, sumamos esforzos, creamos sinerxías e impulsamos proxectos que promoven a inclusión, o deporte e o compromiso social.
Xuntos chegamos máis lonxe. Descubre aquí as alianzas que fan crecer a nosa fundación e fortalecen o noso impacto.

TORNEO 3X3 SEIJO / SILVOSA (Rematado)
A Fundación Breogán, xunto coa Cadena SER Lugo, organiza o I Torneo 3x3 Seijo Silvosa, un evento especial co que queremos render homenaxe a dous grandes referentes da comunicación deportiva lucense: Pepe Seijo e Arcadio Silvosa.
Un encontro de baloncesto que combina deporte, lembranza e comunidade.
Toda a información e inscricións premendo no botón.

OCIO E DEPORTE NA RÚA (Rematado)
Actividade deportiva, social e que pon en valor os barrios nos que se realiza. Preténdese ofrecer unha actividade de ocio alternativa que fomente a práctica deportiva, cos seus valores inclusivos, de superación, compañeirismo e traballo en equipo.
Incluída dentro das actividades de ocio e formación do programa +xTI 24-25 que pon en marcha o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias e outras Adiccións Comportamentais do Concello de Lugo e coordinada pola Fundación Breogán.

IV LIGA SENIOR 3X3 (Rematada)
Dirixida a xogadores e xogadoras maiores de 30 anos, volve a competición máis en forma do baloncesto galego. O 3x3 segue medrando, e ti non podes quedar fóra!
Durante os meses de maio e xuño, as pistas volverán encherse de intensidade, rivalidade san e moita paixón polo basket.
Unha liga que, edición tras edición, se consolida como punto de encontro dos auténticos incondicionais do 3x3.
Este ano prometemos máis emoción, máis nivel competitivo... e moito máis BALONCESTO.
O espectáculo está garantido.

IV TORNEO 3X3 NA RÚA (Rematado)
Nova edición deste torneo de 3X3 adicado ás categorías base, no que conseguimos reunir cada ano a máis dun cento de rapaces e rapazas amantes do baloncesto.
Terá lugar o 21 de xuño de 2025 nas pistas exteriores do Pazo dos Deportes de Lugo, grazas á colaboración da Xunta de Galicia.

XORNADAS TECNIFICACIÓN (Rematadas)
A FUNDACIÓN BREOGÁN e o C.B. BREOGÁN organizan a IV Edición das Xornadas de Tecnificación, unha oportunidade única para rapaces e rapazas de 8 a 16 anos que desexen mellorar as súas habilidades no baloncesto nun ambiente profesional e de aprendizaxe.
Durante tres días intensos, os participantes gozaron de adestramentos especializados dirixidos por xogadores e técnicos do C.B. Breogán, quen compartiron a súa experiencia e coñecementos para axudarlles a perfeccionar a súa técnica e táctica. Ademais, asistiron a charlas formativas, onde aprenderon sobre valores como o traballo en equipo, a disciplina e a superación persoal, fundamentais tanto no deporte como na vida.

PROXECTO MATUMAINI (Rematado)
Organizado pola Fundación Breogán e co apoio do Concello de Lugo e da Xunta de Galicia.
Proxecto social que busca facer do baloncesto unha ferramenta de integración para solicitantes de asilo, principalmente provenientes de países do África subsahariana.
O nome "Matumaini" significa esperanza en suahili, un valor que define perfectamente o espírito desta iniciativa.
