PROXECTOS 2022
MÁIS QUE BASKET NO RURAL
Pretende achegar todolos beneficios dun deporte como o baloncesto ó rural da provincia de Lugo.
O baloncesto é sinónimo de deporte, traballo en equipo, igualdade, esforzo, superación, compromiso, vida saudable, etc. e todo eso é o que queremos transmitir grazas a este proxecto.
Pero no só queremos quedar ahí, senón que tamén buscamos dinamizar o rural e transmitir tódolos nosos coñecementos sobre vida saudable e a experiencia das nosas empresas benefactoras Pazo de Vilane e Río de Galicia no mundo do emprendemento.
LUZ Ó DEPORTE (Rematado)
Pretendemos empregar o deporte e os seus protagonistas como ferramenta para dar a coñecer todo aquelo que agacha o deporte de élite.
Ser testemuñas en primeira persoa das experiencias e vivencias de deportistas de primeiro nivel para educar, orientar e influir positivamente na conduta dos nosos adolescentes.
ENCESTA CON NÓS
Xornadas de tecnificación de tiro, dirixidas por SALVA ARCO e ALBERTO CORBACHO na pista principal do Pazo dos Deportes de Lugo.
O proxecto está organizado pola Fundación Breogán e está incluído dentro do plan CORRESPONSABLES da Universidade de Santiago de Compostela.
NINGÚN ARO SEN REDE
Ningún aro sen rede é un proxecto da Fundación Breogán en colaboración coa UNED Lugo e ECOBALLUTION. Iniciouse co curso escolar 22/23 e nace cun claro obxectivo, acadar as sinerxias necesarias para proveer a aqueles centros escolares que o demanden de redes de baloncesto artesanais, recicladas e sostibles.
FASE PREVIA MINI COPA ENDESA
Neste 2022, un equipo formado por 14 rapaces seleccionados dos principais clubs de Lugo, representaron ó C.B. Breogán e á Fundación Breogán na fase previa da Mini Copa Endesa.
A competición tivo lugar do 6 ó 8 de Decembro de 2022 en Valencia.
O menos importante foron os resultados deportivos, a pegada que deixaron os nosos rapaces e os seus adestradores enchenos de orgullo polos grandes valores que transmitiron.
LIGA SENIOR 3X3
Liga senior (maiores de 30 anos) da competición de moda do baloncesto, o 3X3.
Unha liga que se disputou durante os meses de maio e xuño, e que dispuxo de tódolos medios necesarios para que os amantes do baloncesto e do deporte puidesen desfrutar da súa paixón ó 100%. As mellores instalacións, árbitros, equipacións personalizadas, terceiro tempo, etc.
TORNEO 3X3 NA RÚA (Categorías inferiores)
O 25 de Xuño, nas canchas exteriores do Pazo do Deportes e no módulo anexo, disputouse o primeiro Torneo 3X3 Na Rúa da Fundación Breogán.
Este foi un evento destinado a rapaces e rapazas de categorías infantil, cadete e junior.
EXPERIENCIA BREOGÁN
Un dos proxectos sociais máis especiais da Fundación Breogán. Seis organizacións, fundacións, etc. serán as afortunadas en vivir, durante este 2022, a triple actividade que conforma este proxecto.
Destinaremos unha semana para cada unha delas. Invitarase ós seus membros a vivir a EXPERIENCIA PAZO (tour polas instalacións e convivencia cos xogadores), logo será unha representación do CB Breogán quen visite o seu centro de traballo e por último, estarán convidados ó día de partido, aproveitando o stand do EsPazo Fundación para dar visibilidade ó seu colectivo.
DOAZÓN BENÉFICA
Un dos obxectivos principais da Fundación é ESTAR. Estar ó carón dos que máis o necesiten, estar cos nenos e nenas, estar cos nosos maiores, na educación dos adolescentes, estar na cidade e no rural, estar na promoción de eventos deportivos, etc.
E tamén imos ESTAR ó voso carón. Por elo, imos realizar, anualmente, unha doazón económica á entidade que os nosos socios benefactores da Fundación decidan.
BASKET NA RÚA
Da man da Fundación Breogán e a través do Programa +XTI (Área de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo), iniciouse, o sábado 9 de abril, o Proxecto BASKET NA RÚA.
É un proxecto deportivo e social que pretende poñer en valor alternativas de ocio saudables para xóvenes e as súas familias nos barrios da Milagrosa, Fingoi e Sagrado Corazón. Ofrecese unha actividade de ocio alternativa que fomenta a práctica deportiva e máis concretamente o baloncesto, un deporte cuns claros valores inclusivos, de superación, igualdade, compañeirismo e traballo en equipo.
Catro sábados en cada barrio, onde os participantes desfrutan de baloncesto, música, xogos, competicións e moitos agasallos e sorpresas máis. E todo elo, ó aire libre e de maneira totalmente gratuita.
XORNADAS DE TECNIFICACIÓN
Xornadas de tecnificación de baloncesto levadas a cabo polos mellores profesionais do C.B. Breogán para rapaces de entre 8 e 16 anos.
Os xóvenes xogadores sinten a experiencia de vivir e desfrutar do baloncesto cos seus ídolos do C.B.Breogán, complementando as xornadas con pequenas sesións formativas en temas como: hábitos saudables e nutrición, vendaxes funcionais en baloncesto e prevención de lesións.
E todo elo nas magníficas instalacións de D10 Centro Deportivo, onde xantaron e fixeron entretidas actividades de ocio.
PREVENCIÓN DE ADICCIÓNS
A Fundación Breogán é partícipe deste ciclo de charlas en colaboración con "Iván Pico Psicologia" sendo estas charlas coordinadas e financiadas polo Concello de Lugo (Área de Xuventude e Deportes)
As charlas están dirixidas a diversos clubes deportivos de base da nosa cidade, tratando de abarcar o maior número posible de disciplinas deportivas, non só o baloncesto.
A súa temática está centrada na concienciación e prevención de adiccións, tanto comportamentais como de substancias, sendo a poboación obxectivo destas charlas, rapaces e rapazas de entre 12 e 15 anos aproximadamente.
AMIGABLE INTERNACIONAL
A Fundación Breogán colaborou na organización deste encontro xunto co CONCELLO DE LUGO o día 8 de setembro de 2022.
O encontro tiña un caracter solidario, xa que a totalidade da recadación obtida no mesmo, foi destinada á entidade escollida polos nosos socios benefactores.